Non lle basto aumentar os impostos un 25% de golpe, algo que xamais na historia de Boiro ocorrera. Agora todos os veciños están moi indignados e con xusta razón, porque lles chegou o recibo da auga cun importe do dobre do que comunmente pagan, é un abuso total, van ao portelo de recadación para queixarse e danlles toda clase de explicacións, a uns dinlles que teñen unha fuga de auga, a outros que foi o que consumiu e teno que pagar xa si un sen número de ocorrencias.
NON SE PODE SEGUIR ABUSANDO DOS CIDADÁNS DESTA MANEIRA.
A indignación é maiúscula porque o alcalde se subiu o soldo e o dos seus cómplices ao máis alto da comarca, máis alto que o do alcalde de Santiago e non llo merecen de ningunha maneira, están a facer unha pésima xestión. É o colmo do cinismo e a desvergoña. Á política vén servir non a facerse rico.

